Alejandro Ayaso Pérez, Bibliotecario, asina o Acta Fundacional 

do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira.

 

En Aguiño, a 29 de Decembro de 2006

Bases Fundacionais

 

         Nace co Ateneo Valle-Inclán de Ribeira,  un lugar onde se poderan expresar as opinións máis diversas entre persoas que buscan o intercambio de coñecemento, relacións por riba de sexos, confesións relixiosas, confesións ideolóxicas, partidos políticos, razas ou calquera outra fórmula de discriminación.

            Recolle o nome dun dos fillos máis ilustres da Barbanza quen tivo e, por tanto, ten, a característica de literato e pensador universal: Ramón María del Valle-Inclán, autor dunha ampla obra literaria e home de acción a quen o marcou a paisaxe de montanas, ríos e rías, e os seus veciños de ámbolos marxes da nutricia Arousa.

             Os membros do Ateneo  comprometemonos a que a liberdade de pensamento sea a guía que dirixa os pasos deste Ateneo e, así, abrimos as portas a todos aqueles que queiran testemuñar coa súa presenza  e co seu pensamento estes principios.

 

Tres serán os pilares nos que se fundamente este espacio de cultura:

LIBERDADE    (de opinión, expresión e pensamiento)

RESPETO   (á verdade, as persoas, leises e institucións)
NON DISCRIMINACIÓN   (por razóns de sexo, relixión, ideoloxía, procedencia, status...)