MENU DORNEIRO

 

 

Fai dous sábados, o comité directivo que dirixe a Cofradía da Dorna, celebrou por todo o alto a finalización exitosa desta Singladura, elexiron, nun dos mellores Restaurantes da Centenaria o menú "Image" e de contado trouxéronlle uns pequenos entrantes con maionesa con laranxa e xenxibre, chips de millo recheos de verduras e anaquiños de peixe con chutney de tomate, e non faltou moito en que nos chegaran unhas lapas sobre sal de Guérande que contiñan o seu interior tanto lapas como outros pequenos coquillage, como caramuxiños ou caracolas.


Aliño filibusteiro

Pouco despois xa apareceu o Aliño filibusteiro para o aguacate e a araña de mar, un pequeno collage de pratiños nos que xunto con este aguacate, un podía apreciar unha rodaxa de peixe cru, ao estilo xaponés, e un dos pratos máis famosos da casa, unha cunquiña que reproducía un fondo mariño, coas súa area, as súas diferentes especies de algas flotando a diferentes alturas…tan efectista como insípido no seu resultado final.


Caldo dos Misterios de Tonkin

Seguiron cun timbal de marisco -se cadra boi e centola-, saboroso como todos os timbais de marisco, e o Caldo dos Misterios de Tonkin, unha sopa de ostra, mexilón e vexetais que é un clásico de Roellinger. Tras da sopa chegamos ao mellor momento do xantar, un impresionante bogavante ao xerez e ao cacao. Xamais pensaría que o cacao lle prestaría tan ben ao bogavante, pero é un deses suculentos pratos para poñer nunhas memorias gastronómicas.

…ao igual que estoutro plato, unha Barbo con cascaras de agrios e talauma que foi todo un exhuberante achado de sabores. Non é só a tradicional receita dos cítricos co peixe branco, senón tamén a especial achega desa especia que descoñecía a un peixe de sabor tan característico coma o barbo.

O seguinte plato foi año con ajowan e chutney de Bahia, perfectamente esquencíbel, que pechaba o capítulo de segundos. Como é tradicional nos restaurantes riveirenses, antes dos postres é preciso entregarse aos queixos, que chegan en carro. Valentine describíate cada un dos queixos e ti configuras o plato ao teu xeito. Para os queixofanáticos, este é un momento de paraíso terrenal:

…e os postres veñen despois. Frambuesas con azucre de ouro, flores de sabugueiro, xelatina de auga de rosas e albahaca do Siam, así como un melocotón, sorbete « azucre salvaxe, limon verde » e a súa crema de curry corsario que estaba francamente bo.

O mellor dos postres foi o momento máis atrevido do menú de Roellinger, un ron quente con sidra e especias que era todo un transporte de sensacións. O café, servido con petit fours que ti mesmo enchías de especias e de rotundo chocolate, tomábase no xardín, escoitando o ruído da fonte e as pegadas nas pedriñas das veredas.

Ás copas no Plaza, cada un elixeu a que mais lle gustaba. A música elixeuna Encarna.

OPINA SOBRE O SIBARITISMO DOS DORNEIROS

ESCREBE NO LIBRO LÉ LIBRO DE VISITAS