|
ORIJEN,
ANTIJÜEDADE E RAIJAMBRE TRADISIONAL DA “FESTA DA DORNA” |
A
“FESTA DA DORNA”, que en Xulio do 2001 selebrará a sua 53 sinjladura,
tuvo seu inisio o 24 de Xulio de 1948 pola inisiativa de un jrupo de vesiños
de Riveira, sendo o relato da rasón do seu orixen, o que a continuasión
se espon:
Con
motivo das Festas do Carmen (16 de Xulio) de 1948, por entonses
orjanisada pola Axudantía da Mariña, venderonse rifas que tiñan como
premio unha embarcasión tipo DORNA da clase Tramalleira de 9 cuartas de
quilla bautisada co nome de Virgen del Carmen.
Varios
amijachos: Emilio Fernandez de Sanmamed, Pepe Bouzas, Pepe Abelleira, Julián
Elordy, Ventura Saiñas e outros, compraron rifas.
Uns
días despois do sorteu, dixeron que lles tocara (cousa que non
era verdade) e que pensaban faser unha festa. Con tal motivo o 24 de Xulio fixeron invitasións para asistir a botadura e o baile de Gala.
A
Botadura selebrouse pola tarde na plaia do Peirao, detrás do muelle.
A
dorna Virgen del Carmen era unha maqueta duns 50cm de eslora e foi
bautisada con unha ampolla de auja destilada, entre jrandes aplausos e
alejría.
O
“Baile de Jala” selebrouse esa noite nunha pequena pista de baile que
tiña un bar chamado La Granja. A música foi a base de tocadiscos.
En
1949 selebrouse o primeiro aniversario de dicha botadura, na que xa se
doaron dornas para mariñeiros nesesitados.
Polo
escrito xa, desde os seus inisios a “FESTA DA DORNA” persije un doble
obxetivo; consejir
realisar unha festa popular chea de bo humor e imaginasión, así como
promosionar actividades relativas a embarcasión tipo DORNA espesialmente
dirixidas a ofreser a traballadores con escasos recursos materiais un
medio de traballo que lles permita alcansar un maior nivel de vida.
Na
actualidade de acordo ca nesesaria adaptasión os novos
tempos, a FESTA DA DORNA ademais de
imasinasión e cooperasión, inside tanto na recuperasión de deportes
populares, cansions tradisionais, como en continuar con elementos xa
consolidados e distitivos da propia festa como son: EXAME DE PATRÓNS,
TOP SECRET, así como actividades referidas a divuljasión da cultura marítima
de tipo DORNA xa en desuso, con fins culturales deportivos, e de
protesión do patrimonio marítimo tradisional de ribeira.
A orjanisasión das festas sempre correu a carjo dunha comisión humorísticamente denominada “REAL E ILUSTRE COFRADÍA DA DORNA” que no ano 1991 se constitue lejalmente como asosiasión cultural, a cal está reconosida ademáis como entidade de promosión turistica pola secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Jalisia.
Desde a 40 edisión do ano 1988, partisipan na orjanisasión as denominadas Peñas Dorneiras a traves de la asamblea de “Peñas dorneiras”, polo que desde o sitado ano, son estas as protajonistas dos distintos actos festivos. No presente ano, a sitada asamblea intejra a 42 peñas, nas que partisipan máis de 3.000 “dorneiros”. Subraiar que á sitada festa acuden xentes prosedentes de toda Jalisia e dos máis diversos lujares de España, o cal fala da sua importante projresión turística, contabilisandose en varias desenas de miles as personas que acuden a disfrutar do estraordinario ambiente festivo que se ten alcansado en torno a ela.
En canto o seu valor cultural, cabe sinalar que é a única selebrasión festiva jalleja que se orjanisa para exaltar un medio de traballo; A Dorna, embarcasión autoctona de Jalisia, cuios orixes mais probables se remontan os anos posteriores as invasións vikinjas na ría de Arousa, dado o seu modo de construssión coinsidente coas normandas (pos entendidos: construsión e tinjladillo do casco), e da que se ten constansia documental da súa esistensia como embarcasión de pesca desde prinsipios do sijlo XVI e pico. A sitada embarcasión todavía sije vixente nos seus modelos máis redusidos, contando cos distintos portos do Consello. Cunha flota operativa de máis de 100 unidades dedicadas a tareas de marisqueo e pesca tradisional, estando a DORNA no orixen do desenrolo pesqueiro e economico da nosa localidade.
Sinalar que durante a festa, unidas a actividades referidas a embarcasión tipo dorna como: rejatas de dornas a remo e vela, así como botadura de novas embarcasións recuperadas, levanse acabo diversas actividades lijadas a cultura tradisional de Jalisia como: Sertame itinerante da cansión de tasca ou os máis de 30 xojos e deportes populares, deixando todo elo constansia do papel que a cultura tradisional do Reino de Jalisia ten nos festexos.
Todo o esposto indica o significado e alcanse que a FESTA DA DORNA ten consejido como atractivo turistico.