CADERNO DE BITÁCORA DA
LV SINGLADURA DA FESTA DA DORNA.
Actos a celebrar co gallo da LV aniversario da botadura da dorna "Virxe do Carme", axeitándonos ó expresado no noso caderno de bitácora:
VENRES 18
Día adicado a Don Arsenio Fernández de Teibol (véase Table), alias "Cabesa Lambida".
21.41´1/2 h. (IFIS) Istituto Francés de Investijasións Sumarinas (estes jabachos sonche a ostia, un istituto enteiro pa aprender a sumar).
Octavio, un microscópico poliqueto nasido ao noroeste da illa de Sálvora, ajárrase á vida sobre o casco do batiscafo Nautile. Aquí nin Dios fala jallejo, e o único que sabe do francés é que unha tal Jeannette de turgentes peitos, clávache 30 euros por el. Leva 3 meses e medio sin saber nada dos seus pais, e a veses pensa que deben de estar nejros de buscar por él.
23.59´9 h. Praia do Touro. Tras o enorme éxito do pasado juateque dorneiro nas pistas do Touro (canchas del morlaco, pa os jodechinchos), este ano o consello consijeunos unha carpa, diolopaje!!
Jean Francoise Jalafat, un fornido estibador de orijen marsellés, leva 5 horas encaramado ao portal rojo do victoriano jrupo escolar. Do jallejo o único que conose son as cantigas de Martín Codax. Leva tamén 3 meses e medio sin ver aos seus pais e a veses prejúntase ¿por qué si seus pais son mais rubios que os fillos de Landeira, él é mulato? E ¿por qué aquel repartidor de butano natural de Trinidá Tobajo, nunca lle cobraba as bombonas a mamá?.
Jean Francoise está impasiente, pois están a piques de abrir as portas do JRAN JUATEQUE DORNEIRO. Juarisnais, chinfrós e pelos do peito al viento, en dúas palabras; A full!!!. Colabora: Radio Discolócate 92.7 Mhz.
No seu afán de culturisarse e convertirse nun ser humano evolusionado Jean Francoise intenta visitar de madrujada a exposisión fotojráfica dos HEROES DO MAR no Liseo Marítimo.
SÁBADO 19
Día adicado a Don Jojito W. Bus, Archiduque de Nasiriyah e Baron de Texaco.
12.12 h. Sentro de Basora.
Omar Ker-bala, un rapás iraquí supervivinte de jerra, fillo dun 5 de picas e un 9 de tréboles, busca casquillos e cachos de obús entre os escombros da antijua casa cuartel da juardia republicana. Fai 3 días que non come, pero é felís porque acaba de encontrar o máis valioso dos trofeos, un misil sin detonar prosedente dun helicótero Apache. A duas cuartas das suas chancletas unha Barbie despeinada e sin brasos, made in Atlanta, mirao como pedíndolle un abraso.
12.13 h. JRAN SARDIÑADA. Campo da feira, detrás do tristemente desaparesido cuartel da juardia sivil (Benemerita´s house)
Jean Francoise, o jabacho supervivinte do juateque dorneiro, fillo da cara e da crus dunha ficha (véase, timo do pulpo) de dominó, recolle do chan un anaco de pan rebosado de areas. Leva 72 horas sin comer, pero é felís porque acaba de encontrar aljo donde pincar o preve da suculenta sardina que tanto lle custou consejir. A duas cuartas dos seus sapatos unha jodechinchos que parese falar en arameo da ribeira oeste do río Tijris mirao como pedíndolle un cacho. Orjanisan: Berberechos Asasinos e Non quero ir ó mar. Colabora: Hijos de Vidal Bandín, S.A. - Congelados "COYOMAR"
16.03´3333 h. Deixamos a Jean Francoise entre a avarisia da fame, e a solidaridá do espiritu e imos trotando hacia Coroso Blú Beach donde a jrandesa corona a todolos partisipantes dos XIV XOJOS E DEPORTES POPULARES (terra version).
Atletas e atletos dispostos a deixar o pelexo, as amídolas, o cardias, o píloro, e o que faja falta looooo.....(Jodechinchos: lo que fuese necesario, luegoooo).
Lárjalle un chupito de nandrolona no chirinjito dorneiro.
- Tirar á corda (Lobos de Mar)
- Billa (Cabuxos do Mar)
- Carretillas (Pescadillas con Ladillas)
- Carreiras de sacos (Pescadillas con Ladillas)
- Parvo das sillas (Muxo Beti)
- Pións (Polvos do Vilar)
- Dominó (Polvos do Vilar)
- Xojos de Cartas (Lampreas mais Preas)
- Tiratacos (Persebes coma puños e Cajaboi Island)
- Pano (Ratos da Illa)
- Raia (Rape´s)
- Peletra (Tabeiróns Caralludos)
- Ovo, Pico, Araña (Persebes coma puños)
- Chave (Queimacasas van de tasas)
- Saltar á Corda (A Jran Samborca da Boca Torta)
- Pulsos (Polvos do Vilar)
- Xojos para nenos (Kirie Eleison)
16.03´4444 h. Ao outro lado do charco a familia Thoma´s de Coneticut, enfréntase á familia Bebe´s de Massachusetts, en Jladiadores Jodechinchos.
Revitalísate e supermineralísate no chirinjito dorneiro.
21.01 h. As fanequeiras autorisadas atóranse de toristas, namentres miles de peñeiros fan járjaras ás suas portas. (Será aljún ritual de apareamento típico das rías baixas, prejúntanse os curiosos; o sr. Greenvillage asinte ca cabesa).
As jarjantas xa están a punto para que dé comenso o XIV SERTAMEN ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA, cájate no ovo Bisbal!!!! . Orjanisada polos Ratos da Illa.
21.02 h. Os alrededores do Palasio da Música de Sidney, están cheos de xente que oubea e corea un nome a jritos: Juan Mosquera, Juan Mosquera, Juan Mosquera, Juan Mosquera,...... O músico e manitas de frións está a piques de bicar el sielo interpretando en directo o unplujed da sua Opera prima "Good morning Juan Mosquera", para deleite do seu internasional Clú de fans.
22.32 h. Despois de castijar os oidos de todo quisque, fanequeira por fanequeira, ímoslle destrajar os tímpanos a nuestro señoriño á Plasa da Ijlesia, donde as peñas mellor cantoras se disputarán o I trofeo de tenores, Moncho "Casulo", na JRAN FINAL deste XIV SERTAMEN ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA.
Orjanisan os incomparables Ratos da Illa. (Roedores Insulares, pa os jodechinchos)
DOMINCO 20
Día adicado ao peixe mono aullador de cola prénsil.
19.20´21,22,23,.. h. Auténticas balas supersónicas de madeira demostrarán unha ves máis, que o camiño mais curto entre dous puntos é baixando a Costa da Mamoa, ven a comprobalo no XIV JRAN PRIX DE CARRILANAS. Trofeo Fernando Alonso. Este ano con alterasión do tradisional recorrido. (Rojamos aos Muxo Beti, resiban aos pilotos ataviados con tricornio á porta de Pepe de Noia, por aquello de non perder a tradisión). Orjanisan os Queimacasas van de Tasas ca colaborasión do Tramallo do Carallo.
21.33 h. Recuperasión do internasionalmente conosido MARATASÓN; peito, capasidá selebral, jarbo e saber estar, son requisitos indispensables para non faser o parvo nesta jrandiosa competisión dorneira por exselensia, donde a expulsión de biotoxinas polas jlándulas sudoríparas estará jarantisada. Orjanisado polos Carallos de Rei.
23.44 h. O druida de orixen nipón afincado en Artes, Yokemo Lakaña encarjarase un ano mais de espantar o frío e as bruxas, na III MACROQUIEMADA DORNEIRA, a recuperasión das biotoxinas perdidas no Maratasón estará tamén jarantisada.
Queimada enerlli drink. A Full!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Co mestre de sirimonias Borjiña fasendo de Burn e cas Lampreas mais Preas tentando que non se queime.
23.59 h. Os KAMBOTES poñeran en vela ós vesiños, e a bailar ós peñeiros. Hai que queimar o resto do aujardente que Yokemo Lakaña sije preparando.
LUNS 21
Día adicado as produxsións de baixo presuposto (lease “cine español”).
16.38 h. EXPOPEÑAS.
Un imparsial, insobornable, impasible e inodoro xurado percorrerá unha por unha todalas Fanequeiras Autorisadas, enjalanadas pa a ocasión. Este ano un cumité anticorrusión acompañará ao xuises durante todo o itinerario. (Así que ide preparando soborno doble, que janiñas che teño dun capachiño de sentolas, cheeeé)
22.007 h. CINEXÍN. Curtametraxes de produxsión dorneira encherán a retina dos presentes esta noite na Plasa de Pontevedra (a-carón -ácaro de jrandes dimensións- do auditorio) Por favor que aljén lle dija ao Jalafato que non meta a sinta de vídeo no ollo, o da retina é unha metáfora, paleón!!!!!!.
MARTES 22
Día adicado ó canto ajónico do macho-M.E.N.
20.29 h. Habilidá, destresa, solás e capasidá craneal superior á do jorrión jaspeado do Eufrates serán requisitos ineludibles para partisipar nesta nova edisión de XOJOS NAS FANEQUEIRAS. Non se asmite o relax como fanequeira, que esas fanequiñas fritas prosedentes de caladeiros cubanos, acaban con un.
22.48 h. Música, baile, desnudos intejrales, contacontos lojaritmicos e espectáculos polinómicos encherán rúas e plasas de Riveira. Acude a velos, non seas monolito, culturísate diosquetefixo!!!!!!!
- O MAR BLANCO (contacontos) na Plasa de Vijo a eso das des e pico.
- KARAOKE na Plasa de Compostela cando remate o contacontos.
- Consierto dos TXUZOS DE PUNTA outra ves de volta na Plasa de Vijo cando se queden sin vos no karaoke.
MÉRCORES 23. Víspora do Día da Dorna
Día adicado ó muxo petroleado.
16.17 h. Tras dous días de semirelajasión, sumerjímonos nas cristalinas ajuas do peirao riveirense pa os XIV ENCONTROS DE XOJOS E DEPORTES POPULARES (versión ajua salá). Observa de serca a vida sumarina dos muxos mutantes e sale da ajua cun bonito par de antenas e branquias debaixo dos sobacos, en tan solo sinco minutos de inmersión. Patrosina, Pantalán Clú Mutante. AFILIATE!!!!!!!!!!!!
- Isa-la Candorca (Rape´s)
- Lansamento de Risón (Rape´s)
- Saltos dende o paredón (Vikinjos da Tomasa)
- Colle-lo parrulo (Vikinjos da Tomasa)
- Pesca do muxo radiactivo (Atún ó tuntun)
- Travesía a nado (Muxo Beti)
- Pau ensebado (Lampreas mais preas)
- Achikeitor (Cajaboi Island)
19.29`5 h. O Concorde pasou á historia, a ocupar un lujar mais nos museos da aviasión de todo o mundo. A tenolojía abordo das aeronaves avansou hasta niveles endexamais sospeitados. Lástima que os ingenieros dorneiros sijan sin saber leer e vivamos aínda no paleolítico da aeronavejasión.
Veñan a ver a réplica do supersónico de fabricasión fransesa, o famoso "Con-cordas" e paus de fabricasión jalleja, neste XIV JRAN PREMIO ICARO DE VOO SIN MOTOR, en ajuas do porto. Orjanisado pola Panda dos Bonitos.
21.58 h EXAME DE PATRÓNS.
No parque Jarsía Baión un estrito (en tanja) tribunal, comprobará a preparasión
e a desinteresada generosidá dos novos aspirantes a patrón. (Será duramente
castijado todo aquel examinado con sobornos a base de ovos de jranxa e marisco
marroquí conjelado). Queremos recordar que a nécora está salindo boa nestas
fechas, e que a caña de Sanmartiño pode ser boa esta noite pa escorrentalo frío.
Mais claro, ajua!!!!!!!. Dirixido e protajonisado polos Cajaboi Island e Rape's,
con curtametraxes de producsión Bonito's Pand (A panda dos Bonitos para
entendernos). Ca inestimable colaborasión de Tino "Amenabar".
23.32 h. Acto de ENTREJA DA FLOR NATURAL, símbolo de confraternisasión dorneira que crese no pesón isquierdo de todolos peñeiros e peñeiras. As flores plantadas en terrenos espesialmente montañosos, requieren un tratamento espesial. Pa que a flor enraise ben e necesaria ajitasión continua (rojamos ás dorneiras que se encontren nesta situasión pidan axuda para evitar o ajotamento físico, aos jaláns dorneiros que teñan á man). Entrejaranna os Rape's.
23.59 h. ROCKANDORNA. "So existe o ruido".
Samba, rumba, cumbia, merenje, pasodoble e cha-cha-chá. Non seas estatua das
amas de casa e ben a mover o Atilano ca Compañía do Ruido. Cachete, peitiño e
omblijo ajitado pero non revolto.
XOVES 24. DIA DA DORNA.
11.33 h. Levanta lancrán!!!!!!!!
Con este cariñoso alarido materno, típico desta entrañable sona do barbansa, levántache tua nai do catre. En menos de 15 sejundos enfréntaste a un vasieiro de leite con Culicao, 4 dusias de churruscos completan o enerjético desaiuno co que poder capear o temporal que se nos bota ensima.
12.02 h. Os injeniros navales traballan arreo en mellorar a flotabilidá e a aerodinámica dos barcos participantes no XIV JRAN PREMIO CUTRE SARK. Os palanquíns de sempre tratan de ocultar os fallos de construsión baixo unha última man de jotelé, como din en castiñeiras: "Deixame botar colonia, pa tapala borra".
13.01 h. Máxima espectasión no campo de rejatas FUNTAO BLÚ COST. Unha nube de jlamur envolve ás tripulasións partisipantes na XIV REJATA DE EMBARCASIÓNS FEITAS Á MACHADA E PROPULSADAS A PAN DE MILLO. Ajallas, coraje, e unha 110 de peito caracterisan todolos anos aos janadores deste JRAN PREMIO CUTRE SARK. Condusida polos Cajaboi Island.
14.33`1/3 h. As catro dusias de churruscos do desaiuno non foron sufisiente jasolina para dala volta á Lanjosteira, pero non teñas pena; sentos de Dornaempanadas están listas pa mata-la fame destes destrajados robinsons na ROMERIA DORNEIRA. Patrosina: Frinsa.
15.15 h. Cocha miniño,
cóchate xa,
que ven o coco,
la, la la lá.
Miniño, o que daba cambio na sala de xojos non pode pejar ollo, pois ten a unha manada de desjrasiasdos jritánlle esta nana á orella, así que si o vedes escapade dél coma do lume, para botar a impresindible SESTA DORNEIRA.
16.24^^ h. Imos despejando a orella do chan, (rojamos a Gerardiño o "Van Jóh de bandaurrío", non se dea por aludido), porque as cornetas anunsian o inisio dos XIV XOJOS DORNEIROS (Coroso).
Bótalle un juarisnai de Baron Dandy no chirinjito dorneiro si non ques embarrar no exahustivo Control Antidoping.
- LV Campionato Mundial de Chinchimonei. (Cabuxos do Mar).
- Futbol 3 (Muxo Beti)
- Carreiras de Fleje (Atún ó tun tun)
- Carreiras de Capachos (Atún ó tun tun)
- Lansamento de disco (Non quero ir ó mar)
- Lansamento de martillo (Non quero ir ó mar)
- Lansamento de jabalina (Estudias, traballas ou colles navallas??)
- 100 m. nécora (Non quero ir ó mar)
- 50 m. nasa (Estudias, traballas ou colles navallas??)
- 400 m. relevos (Estudias, traballas ou colles navallas??)
- Milla dorneira (1853 m.) (Non quero ir ó mar)
- Martín Pescador (Ratos da Illa e Atún o tun tun)
- Esquí de fondo (Queimacasas van de tasas)
20.21 h. ¿Fixo Yola "labios de muxo" manualidades no trabuco de Dinio? ¿Ocupará Pocholo o sillón "m" maiúscula da Real Academia? ¿É J. Baamonde un sumo? ¿É serto que os hipopotamos do zoo de La Habana, teñen cremallera? ¿Levaba o Jalafato o timón do Prestige?
Estas e outras prejuntas terán resposta no espetacular TOP SECRET que nos levará de xeira polas rúas da novena.
A sorpresa daránnola os Lobos de Mar.
22.19 h. CONSERTASO DORNEIRO.
ESKORZO
DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO
Demis Rousos serrará o acto co selebre triki-triki como májico fin de festa.
01.16523 h. ASALTO ÁS FANEQUEIRAS.
Iscade ben as nasas
e larjade o aparello,
que eu vou joder sentolas
co truco do espello
Prepárate faneca,
que veño ca caña tesa,
prepárate serrán,
que veño con él na man.
Ven pa´cá mariñeiro
que me cabe todo enteiro,
ven pa´cá rejateira
deixame ahí a carteira.
Rojamos respeten os límites das nosas ajuas territoriais, á hora de bota-lo
palancre.
05.14444425 h. ENTONASIÓN DO MIUDIÑO E ARRIADA DA PAÑOLETA.
Eoutra cousa: "Teñan coidado ahí fóra".
ZZZZ….ZZZ….rrrr….ZZZZZ….. a durmir….