|
Subvención para a adquisición de
ordenadores persoais para traballadores autónomos
Consellería
de Economía e Industria
Unión
Europea – FEDER
Beneficiarios.
Traballadores
autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás
determinadas categorías de autónomos do comercio retallista.
Plazo
e lugar de solicitude:
Ainda non
está aberto o prazo e
manterase ata que a Xunta de Galicia esgote o orzamento de 1 millón de
euros dispoñible para o ano 2009.
As solicitudes tramítanse exclusivamente a través
das empresas colaboradoras, como a titular desta páxina web.
Investimentos
subvencionables e non subvencionables.
- Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
- O ordenador deberá incluír o sistema operativo Linux.
- O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en software libre
tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
- O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre
tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
- No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os
periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
- Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de
software adicionais á subministración básica do ordenador persoal,
outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc),
ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos
móbiles, etc).
Intensidade
da axuda.
- A
axuda acadará o 45 % do investimento
subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada
solicitante.
- O
investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe
de axuda sobre a base impoñible,
excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa
totalidade polo beneficiario.
Documentación
que deberán de presentar os traballadores autónomos.
- Fotocopia
do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Fotocopia
de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á
solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
(Fotocopia do último TC1 pagado).
- Tamén
deberá identificar o autónomo o epígrafe do IAE no que se atopa
inscrito para a súa actividade económica. Posteriormente deberá
asinar unha declaración na que se responsabiliza da veracidade dos
datos e autoriza á Consellería á verificación de ditos datos
tributarios.
Pode
obter máis información na seguinte dirección:
UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional
|